Persoal de centros de chamadas mobilízanse nunha folga en demanda dun convenio "digno"

O paro foi convocado pola CIG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2022 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Persoal de centros de chamadas secundaron protestas na Coruña, Vigo e A Estrada, convocadas pola CIG no marco dunha folga en demanda dun convenio "digno". A central fixou o seguimento en máis dun 50%.

Con todo desde o sindicato denunciaron uns "abusivos servizos mínimos" por parte da Xunta no 061, "que foron do 100% e impediron así o dereito fundamental á folga", e no 112, "que se estableceron uns mínimos do 80%". A central sindical convocou as concentracións ao retomarse este martes as negociacións do convenio colectivo estatal. Unha negociación que leva aberta máis de dous anos e medio, sen que para o sindicato se produciran "avances" que permitan chegar a un acordo.

Así o apuntou a Europa Press Patricia Cordo, coordinadora do sector de centros de chamadas da CIG, que asegurou que houbo un "pequeno avance en cuestión salarial, pero lonxe de ser significativo". Por outra banda, insistiu en que nas súas demandas, ademais de incrementos salariais ante un convenio "caducado desde decembro de 2019", está que se "dignifiquen" as condicións dos traballadores. "Unhas condicións dignas que nos permitan vivir", dixo, mentres apuntou a "baixos salarios" e a unha "contratación precaria", na súa maioría con "xornadas parciais".

Estas reivindicacións foron coreadas tamén polas persoas participantes nas concentracións, nas que se puideron escoitar lemas como 'Por un convenio xusto nos centros de chamadas'.

Concentración convocada pola CIG con motivo da folga en centros de chamadas. CIG
Concentración convocada pola CIG con motivo da folga en centros de chamadas. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta