Xa están resoltas as axudas dos anos 2022-23 para restaurar e preservar os espazos da Rede Natura

Destinaránse 1,8 millóns que teñen como beneficiarios a concellos e entidades

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2022 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

A Xunta resolveu a convocatoria para os anos 2022 e 2023 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas a obxectivos agroambientais e climáticos na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Con cargo a esta liña de axudas, a Consellería de Medio Ambiente, destina un importe de máis de 1,8 millóns de euros a axudas para restaurar, preservar e mellorar os espazos incluídos na Rede Natura.

Estas liñas de subvencións teñen como beneficiarios a concellos, que obteñen un financiamento de algo máis de 1 millón de euros; persoas físicas, que reciben máis 338.000 euros, e entidades, como comunidades veciñais de montes en mancomún e asociacións, que contarán con preto de 400.000 euros.

O obxectivo destas axudas, ademais de garantir e mellorar a biodiversidade nos sistemas agrarios de alto valor natural, é mellorar o estado das paisaxes agrarias galegos tanto nos espazos da Rede Natura 2000 como nas súas áreas de influencia socioeconómica.

Nesa liña, levarán a cabo proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos e ao mantemento das condicións ambientais necesarias para a conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats.

Ademais, inclúense axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarias para conseguir obxectivos ambientais, é dicir, investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou a rendibilidade das explotacións agrícolas e que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das zonas Rede Natura 2000 de Galicia.

Zona en Rede Natura
Zona en Rede Natura

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta