27 Estrelas Michelín reuniranse no Galicia Fórum Gastronómico tras tres anos de parón

O espazo 'Wine Circus' enmarca as diferentes actividades referentes á "gastronomía líquida"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2022 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O Galicia Fórum Gastronómico volve este ano, tras tres anos de parón, "con máis ganas e con máis 160 expositores", segundo enxalzou a súa directora, Ana Trevisani. Ademais, conta con 27 Estrelas Michelin, entre os que destacan Pepe Solla, Vicky Sevilla ou Anxo León, entre outros.

Esta nova edición, que terá lugar na Coruña entre o domingo 25 e o martes 27 de setembro, situará como eixo central a sustentabilidade "tanto na cociña como na gastronomía líquida", remarcou o director do programa e un dos fundadores do Fórum Gastronómico, Pep Palau.

Desta forma, haberá sete escenarios distintos que acollerán as diferentes actividades. O Taller contará con sesións e demostracións de cociña con degustación final, "que é autentícaa esencia", sinalou Trevisani.

Tamén destaca o Craft Beer Market Estrela Galicia, un monográfico da cervexa artesá e un lugar no que as empresas "darán a coñecer o seu produto a un público profesional e gourmet". Ademais este espazo incluirá a aula Cultura Cervexeira, onde os "mestres cervexeiros" difundirán os valores da cervexa artesá. Outro dos lugares que acollerá actividades é o Cook Trends, onde se poderán catar as as últimas "tendencias" gastronómicas, de aí o seu nome, cun produto 100% galego.

As 'WINE CIRCUS'

'Wine Circus', organizado polo Instituto Galego do Viño (Ingavi), será un espazo dedicado aos viños e contará coa colaboración do "mellores relatores e prescriptores do mundo vitivinícola" sinalou Palau. Ente eles destacou a Josep Roca, François Chartier, Ferran Centelles, Audrey Dourei ou Tomás Ucha.

Dentro deste espazo terán lugar tres actividades diferentes referentes á gastronomía líquida. Así, unha delas serán as 'Wine Talks', no que se realizarán oito charlas --catro o domingo e catro o luns-- con 15 minutos de duración cada unha.

Outra das actividades neste marco serán as sesións do Vinomio que estarán "protagonizadas por dous expertos vinícolas que dialogarán durante media hora sobre distintos temas mentres catan un viño", explicou Palau.

A última será a Batalla de Catadoras, na que, segundo o director de Ingavi, Xoan Cannas, reuniranse 100 participantes que se enfrontarán ao resto para descifrar cinco viños a cegas en base aos parámetros de "variedade da uva, país de procedencia, chan ou clima, entre outros.

Presentación do Galicia Fórum Gastronómico. GALICIA FORUM GASTRONÓMICO
Presentación do Galicia Fórum Gastronómico. GALICIA FORUM GASTRONÓMICO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta