Galicia ve ben a proposta para gravar ás grandes eléctricas da UE pero critica a de Sánchez

"As da UE están orientadas a gravas beneficios e non ingresos xerais como as de Sánchez", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2022 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou que ve ben a proposta de gravar os beneficios extraordinarios das compañías eléctricas que, advertiu, "non ten nada que ver" coas medidas propostas polo Goberno de Pedro Sánchez.

Así, considerou que "se alguén está a obter beneficios, deben ir orientados a quen máis o necesita, a condición de que non se poña" en perigo "a viabilidade das empresas", por iso avalou que "se graven beneficios e non ingresos xerais".

Rueda dixo que se se grava sobre todo que se recada, "pódense comprometer postos de traballo e estabilidade para as familias", polo que se ratificou en que lle parece "moito máis adecuado" gravar beneficios e "non resultados iniciais".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na comparecencia posterior ao Consello. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na comparecencia posterior ao Consello. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta