O alcalde de Ferrol afirma "non coñecer o que demandan" Ares, Fene e Mugardos tras unha denuncia colectiva

"O único que sei é que hai un problema, desde hai tempo, por unha serie de fugas que están no termo municipal de Fene", di Mato.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 16/09/2022 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), rexeitou pronunciarse sobre a demanda interposta por tres concellos da zona, como son Ares, Fene e Mugardos, ao asegurar que "polo momento non coñezo en detalle o que reclaman estes concellos" e que "o único que sei é que hai un problema, desde hai tempo, por unha serie de fugas que están no termo municipal de Fene, pero teremos que analizar a que se refiren o tres concellos".

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, pousa no balcón do concello durante unha entrevista con Europa Press, a 27 de abril de 2022
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, pousa no balcón do concello durante unha entrevista con Europa Press, a 27 de abril de 2022 | Fonte: Raúl Lomba - Europa Press.

Así o manifestou na mañá deste venres, tras transcender a presentación dunha denuncia dos consistorios de Ares, Fene e Mugardos, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Ferrol, reclamando a reparación da tubaxe de auga mediante a que estes concellos se abastecen desde Ferrol, xa que perde unha gran cantidade de auga, na zona da ponte das Pías, e que vai parar directamente á ría de Ferrol.

De todos os xeitos, Mato detallou que "este asunto xa se tratou en numerosas ocasións co tres concellos, onde presentamos distintas alternativas, tamén lle pedimos axuda a Augas de Galicia, por entender que é unha cuestión que vincula a tres concellos e neste asunto o municipio máis prexudicado por esa fuga é Ferrol, xa que é auga depurada e nin se cobra nin contabiliza a ningún concello", detallando que "aquí o que perde é Ferrol e a fuga está en Fene".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta