O condutor implicado no accidente mortal de Meis dá positivo en cosumo de cocaína

A falecida é unha muller de 28 anos que conducía unha motocicleta.

Por Europa Press / Redacción | Meis | 17/09/2022 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

O condutor que causou o accidente mortal ocorrido a noite deste venres en Meis consumira cocaína, polo que foi detido por un delito de homicidio por imprudencia grave, lesións graves e contra a seguridade viaria.

O sinistro produciuse sobre as 21,15 horas deste venres na estrada PO-531, ao seu paso polo municipio de Meis. O turismo que conducía o agora detido, un Porsche 911, invadiu o carril contrario de circulación a gran velocidade e chocou frontalmente contra unha motocicleta.

A motocicleta era conducida por unha muller de 28 anos que resultou falecida. Na moto tamén viaxaba outra muller, de 48, que quedou ferida grave.

O condutor do turismo, un veciño de Suíza de 49 anos, informou a Garda Civil, deu positivo indiciario en cocaína, polo que foi detido.

Control de tráfico da Garda Civil.. GARDA CIVIL
Control de tráfico da Garda Civil.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta