Localizada a muller desaparecida desde este sábado en Cerdedo-Cotobade

Aínda que aparentaba bo estado de saúde foi trasladada ao hospital de Montecelo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2022 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

Unha muller de avanzada idade foi localizada en bo estado no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade despois de que a familia denunciase a súa desaparición sobre as 17,00 horas deste sábado.

O 112 Galicia coordinou a acción da Garda Civil e de Protección Civil da localidade, que atoparon á muller nunha zona de monte da parroquia de Aguasantas minutos antes da medianoite.

A pesar de que aparentemente estaba en bo estado de saúde, a muller foi trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital de Montecelo.

Ambulancia do 061.
Ambulancia do 061.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta