Temas: SAúDE PODCAST BNG

A "gordofobia" será o primeiro episodio do podcast 'Radio Frontón' que estrea o BNG

Este primeiro podcast repasa este asunto con persoas expertas na materia procedentes de áreas de psicoloxía e da sanidade pública, entre elas, a deputada e médica Iria Carreira

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2022 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

BNG estreou este domingo unha nova canle de comunicación: 'Radio Frontón', un podcast que difundirá a formación a través das súas redes sociais e que arrincará cun primeiro episodio sobre gordofobia.

O obxectivo do podcast, sinalou o BNG nunha nota de prensa, é "contribuír ao debate sobre cuestións de actualidade ou temas que preocupan á cidadanía e que non sempre son capaces de abrirse espazo na esfera pública".

O primeiro debate, de trinta minutos, aborda a cuestión da gordofobia tomando como punto de partida unha reflexión da eurodeputada Ana Miranda no seu muro de Facebook na que se mostraba "farta da gordofobia nas redes".

Así, este primeiro podcast repasa este asunto con persoas expertas na materia procedentes de áreas de psicoloxía e da sanidade pública, entre elas, a deputada e médica Iria Carreira.

Carreira explica que a obesidade está cualificada como unha patoloxía "desde hai moito tempo" e é unha enfermidade que "factor de risco para padecer outras". En todo caso, a sanitaria relata que "non pode ser amparo para actividades discriminatorias e que poden xerar outro tipo de problemas de saúde nas persoas que a sofren".

Pola súa banda, a eurodeputada do BNG no Parlamento Europeo detalla no podcast o porqué do seu comentario na rede social. "Como moitas outras persoas teño tendencia a engordar e levaba varios días mosqueada porque cada vez que abría o teléfono aparecíanme anuncios de cremas adelgazantes e reductoras, ximnasios milagrosos e non se cantas cousas máis", explicou.

Por iso, Miranda destacou que considera importante debater sobre este asunto porque "a sociedade conduce a adelgazar por estética, outra cuestión é que haxa que controlar o peso por saúde".

Micrófono de radio
Micrófono de radio | Fonte: pixabay

Temas: SAúDE PODCAST BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta