"Pídolle á UE menos mediambientalismo barato e máis datos científicos", di presidente da Federación de Confrarías

Acusa a Bruxelas de "querer acabar coa pesca".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2022 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, e patrón maior do porto de Burela, Basilio Otero, acusou este luns á Unión Europea de "querer acabar coa pesca", tras o veto ao arrastre en 87 áreas do Atlántico.

Segundo dixo, isto podería supor expulsar dos seus caladoiros tradicionais a uns 1.000 barcos, xa que implica non poder faenar con estas artes en máis de 16.000 quilómetros cadrados. "Estamos incrédulos. Non entendemos como pode haber unha prohibición sen que existan estudos científicos", sinalou o presidente da Federación Nacional de Confrarías.

Para Otero, esta claro que a Unión Europea "quere acabar coa pesca", polo que pediu a dimisión do comisario de Medio Ambiente, Virginijus Sinkevicius, por "incompetente".  O tamén patrón maior de Burela destacou que "estes espazos mariños onde se prohibe pescar non son novos espazos de pesca". "Son sitios onde leva pescando moitísimos anos. Naqueles casos onde se detectaron especies vulnerables, si a día de hoxe hainas é que queda demostrado que a pesca que leva facendo desde décadas non lles afecta, porque si lles afectase non estarían", razoou.

Basilio Otero rexeitou que se prohiba a pesca "por se hai especies vulnerables", xa que "as pode haber en todo o mar", subliñou, para, a continuación, demandar de Bruxelas "máis datos científicos e menos mediambientalismo barato, e máis mirar pola pesca".

Otero non descarta emprender mobilizacións contra o veto da Unión Europea e instou ás administracións a "facer algo máis que mandar escritos, porque eses escritos non serven de moito salvo para ter unha contestación de porque o fan".

Barco do cerco, arte usada para pescar sardiña
Barco do cerco, arte usada para pescar sardiña | Fonte: cedida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta