Sanidade defende reabrir os 'vacinódromos' para maiores de 80 e fará "repesca" nos centros de saúde

García Comesaña aposta pola "prudencia" ante as voces que apuntan a un posible fin do uso das máscaras en transporte público.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2022 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade realizará unha "repesca" para aquelas persoas de máis de 80 anos que non poidan desprazarse ata os recintos masivos --'vacinódromos'-- para recibir a súa cuarta dose contra a covid, un proceso que, entón, se desprazará aos centros de saúde.

Así o confirmou este martes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que defendeu o proceso de vacinación en Galicia e o uso de grandes recintos, que é "máis áxil, máis rápido e máis cómodo" para as persoas usuarias.  A preguntas dos medios durante un acto en Ourense, o conselleiro destacou o "papel fundamental" dos 'vacinódromos' no desenvolvemento das tres campañas anteriores e afirmou que a consellería tivo "non poucas peticións" para que as persoas máis maiores puidesen tamén "vacinarse alí".

Entre as vantaxes, Comesaña destacou a "facilidade de acceso", o aparcadoiro, a axilidade no proceso e mesmo as vantaxes para a xestión e a loxística das vacinas. No entanto, aínda que o chamamento para maiores de 80 se fará por orde de idade e nestes recintos masivos, o conselleiro aclarou que "calquera persoa" que non poida desprazarse a eles poderá vacinarse nunha segunda fase nos centros de saúde.

"Faremos unha repesca, e os que non se vacinaron nos recintos masivos, serán chamados a vacinarse en centros de saúde", apuntou García Comesaña.

MÁSCARAS NO TRANSPORTE PÚBLICO

Noutra orde de cousas, e por mor das últimas informacións sobre a posibilidade de que se decrete o fin das máscaras no transporte público, o conselleiro de Sanidade asegurou que se trata dunha "noticia nova" para o seu departamento, dado que é un tema que non se abordou nin na interterritorial nin na Comisión de Saúde Pública e tampouco figura na orde do día da seguinte.

En todo caso, desde o punto de vista de Galicia, é "unha medida que require prudencia", estudo en profundidade e debe "ser valorada polos expertos". "Nós optamos máis pola prudencia", dixo García Comesaña que, en todo caso, apuntou que non é algo que se valorou aínda coas comunidades.

Finalmente, sobre a posibilidade de que o hospital de Valdeorras e o do Bierzo compartan facultativos e medios, o conselleiro de Sanidade dixo que Galicia está "totalmente aberta a esta opción" e "pendente de fixar unha data para seguir avanzando" nas conversacións con Castela e León nesta liña.

Un grupo de menores esperan ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura, a 23 de agosto de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia, (España). Este luns arrinca a vacinación contra o Covid-19 para os menores de ed. César Arxina - Europa Press
Un grupo de menores esperan ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura, a 23 de agosto de 2021, en Santiago de Compostela, Galicia, (España). Este luns arrinca a vacinación contra o Covid-19 para os menores de ed. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta