Conta atrás para os Premios Martín Códax da Música

45 candidaturas optarán en 18 categorías á excelencia musical galega neste 2022. A gala de entrega de premios será no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro 5 de outubro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/09/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A IX edición dos Premios Martín Códax da Música está xa en marcha coñecéndose dende hai días as 45 candidaturas que competirán en 18 categorías nas que se divide o prestixioso certame galego.

Finalistas da IX edición dos Premios Martín Códax da Música. Foto: Organización do certame
Finalistas da IX edición dos Premios Martín Códax da Música. Foto: Organización do certame

Esta cita, que busca poñer en valor e premiar a calidade e a excelencia musicais do noso país, cada ano vai a máis e esperta un grande interese no gremio. Este ano, por exemplo, presentáronse á selección previa uns 400 artistas e proxectos musicais.

Como novidades desta edición cómpre salientar a creación de dúas novas categorías; Artista Emerxente e Artista do Ano. E nesta segunda opción ábrese a posibilidade do voto do público a través da web da organización.

Os Premios Martín Códax da Música nacen da colaboración entre a asociación Músicas ao Vivo e a adega Martín Códax e contan co financiamento do Concello de Pontevedra, o AGADIC e a Deputación de Pontevedra. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 hermanager

Un grande aplauso a estes premios.