Temas: XOGO PSDEG PP XUNTA

O PSdeG sinala a "incompetencia do PP" por non ter actualizado a normativa do xogo en Galicia

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Julio Torrado, remarcou a "necesidade de regular, que non de necesariamente prohibir, pero hai que facer algo porque en Galicia hai 3.500 puntos de apostas deportivas, e un de cada catro menores xa apostaron algunha vez".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG na provincia da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, criticou a "incompetencia do PP" ante a falta de actualización do marco normativo do xogo en Galicia.

"Hai unha preocupación evidente pola situación na que se atopa a regulación do xogo en Galicia, a Lei actual é do ano 1985", lembrou Fernández este xoves na xornada informativa sobre a proposición de lei na sede do partido en Compostela.

Ante isto, o secretario xeral provincial advertiu que cada vez hai "máis menores de idade con problemas de ludopatía" ao que engadiu os problemas persoais e familiares que supón.

Así, criticou que ante esa "incompetencia" o PSdeG tomou a iniciativa de presentar a proposición, xa que "só hai tres comunidades autónomas que non a teñen actualizada", engadiu. Para esa proposición de lei presentada polo PSOE no Parlamento galego, Fernández demandou "o apoio de todos os grupos".

Tamén o portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Julio Torrado Quintela, remarcou a "necesidade de regular, que non de necesariamente prohibir, pero hai que facer algo porque en Galicia hai 3.500 puntos de apostas deportivas, e un de cada catro menores xa apostaron algunha vez".

Torrado continuou sinalando as medidas que se deben tomar "como a necesidade de usar o DNI electrónico para acceder ás máquinas, ou destinar o 1% da recadación do xogo a programas de prevención".

Xornada informativa sobre a proposición de Lei para regular o xogo en Galicia, na sede do PSdeG en Santiago de Compostela. PSOE PROVINCIAL A Coruña
Xornada informativa sobre a proposición de Lei para regular o xogo en Galicia, na sede do PSdeG en Santiago de Compostela. PSOE PROVINCIAL A Coruña | Fonte: Europa Press

Temas: XOGO PSDEG PP XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta