A braña da Calzada, entre Zas e Santa Comba, ameazada por dous parques eólicos

Tamén os humidais do monte da Ruña, en Mazaricos, están ameazados por unha central hidráulica de bombeo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/09/2022 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

A Braña da Calzada, non concellos de Zas e Santa Comba, que non figura recollido no Inventario de Humidais de Galicia, nin  tampouco aparece na listaxe de zonas protexidas na actualización do Plano Hidrolóxico da demarcación Galiza-Costa para o ciclo 2021-2027, está en perigo polos tendidos eléctricos de evacuación (LAT) dos parques eólicos Lagoa I e II.

A Braña da Calzada, un espazo que aínda non está protexido
A Braña da Calzada, un espazo que aínda non está protexido | Fonte: Adega

Este cosistema húmido dunhas 18 hectáreas está nun bo estado de conservación. Trátase dunha área permanentemente encharcada con vexetación herbácea e arbustiva e orla arbórea perimetral parcial.  Nunha visita realizada en xuño por técnicos de Adega realizouse un inventario botánico que localizou 63 especies na braña, algunhas delas catalogadas pola IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) como "case ameazadas":  Carex durieui, Centaurea corcubionensis e Genista berberidea.

Á braña da Calzada uniránselle en breve os humidais do monte da Ruña, en Mazaricos, tamén sen protección e ameazados desta volta por unha central hidráulica de bombeo.

Por iso, Adega promove a catalogación e inventario de humidais para dotalos de protección. "A intención é incorporar ás diversas figuras de protección pequenas áreas húmidas mais dunha grande importancia para a preservación dos servizos ecosistémicos e a loita contra a mudanza climática", indica a entidade ecoloxistas nun comunicado.

O Inventario de Humidais e as zonas protexidas no Plano Hidrolóxico son dúas ferramentas útiles para preservar da degradación as áreas húmidas galegas, ameazadas por infraestruturas e eólicos. Un inventario que permitiu a protección automática de máis de 1100 humidais galegos. Porén, no país dos 10.000 ríos hai moitas outras zonas húmidas que fican aínda sen catalogar. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta