Unha foto da aldea asolagada de Aceredo, portada en The New York Times

Unha foto da aldea asolagada de Aceredo, en Lobios, entre Galicia e Portugal, foi a escollida por un dos principais medios dos EE.UU. para ilustrar a seca que sofre media Europa.

Por Galicia Confidencial | Nova York | 23/09/2022 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

Aceredo era unha fermosa aldea do rural galego. Chantada no concello de Lobios, en Ourense, foi unha das ultimas poboacións galegas en ser sumerxidas baixo millóns de litros de auga. O encoro de Alto Lindoso, na veciña Portugal, provocou que desaparecera do mapa en 1992.

Cidadáns pasean polas ruínas da aldea de Aceredo, a 12 de febreiro de 2022, en Lobios, Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Cidadáns pasean polas ruínas da aldea de Aceredo, a 12 de febreiro de 2022, en Lobios, Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press

Pero, de cando en vez, Aceredo aparece, como unha pantasma, sobre as augas desta presa, especialmente, cando hai pouca chuvia, como acontece desde hai meses. E esa foto, entre nostálxica e pantasmal foi utilizada polo xornal The New York Times para ilustrar a seca que sofre media Europa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta