20 mozos percorren o Camiño para pedir que sexa máis accesible ás persoas con autismo

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/09/2022 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

Un grupo de 20 usuarios do Centro de adultos Castro Navás da Fundación Menela realizaron o Camiño de Santiago co obxectivo de facelo máis accesible para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e acabar coas barreiras cognitivas que lles dificulten a peregrinación.

Mozos da Fundación Menela á súa chegada a Santiago de Compostela
Mozos da Fundación Menela á súa chegada a Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

"Autismo, inclusión, diversidade, participación, accesibilidade e visibilidade", remarcou o director xeral da Fundación Menela, Cipriano L. Jiménez Casas, no acto de chegada á Praza do Obradoiro.

O 'Xacobeo Autismo. Un Camiño de todos' é unha iniciativa que promove a Fundación Menela e enmárcase no programa 'O teu Xacobeo' da Xunta de Galicia para a dinamización do Xacobeo 21-22.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta