O sector do metal confía en captar "algún proxecto estatal sólido" que implique a "toda" a industria naval de Ferrol

Aclunaga e Asime presentaron a empresas de Ferrolterra as axudas á industria naval.

Por E.P. | Ferrol | 23/09/2022 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O presidente da Asociación de industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia, Enrique Mallón, mostrou a súa confianza en captar "algún proxecto estatal sólido" a través dos programas de apoios do Estado que implique "a toda a cadea de valor naval e marítima".

Instalacións de Navantia.
Instalacións de Navantia.

A Asociación clúster do naval galego (Aclunaga) e a Asociación de industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia (Asime) presentaron este venres nas instalacións do CIS de Ferrol, aos representantes dunha trintena de compañías, centro tecnolóxicos e organizacións de Ferrolterra as diferentes liñas de axudas ás industrias, como o Perte naval e outras achegas á innovación.

"Entre todos imos presentar proxectos competitivos, non só ao Perte naval senón tamén a outros programas e ordes que se van publicar nas próximas semanas. Podemos chegar a algún proxecto estatal sólido que contempla toda a cadea de valor naval e marítima", sinalou.

Pola súa banda, o xerente de Aclunaga, Óscar Gómez, asegurou que o actual é "un momento complexo, cun escenario de incerteza para a industria, onde o Perte naval supón un punto de inflexión onde debe prevalecer a unión".

"Temos que traballar por un Perte que ten como obxectivo que a industria sexa tractora no progreso económico e a xeración de emprego, onde Aclunaga e Asime estamos a sumar esforzos para facilitar o traballo das empresas", sinalou Gómez.

Así mesmo, o xestor de Fondos e Proxectos de Navantia, Francisco Castelo, detallou que "o Perte naval é un desenvolvemento para o beneficio da industria, pero esixe unha serie de condicionantes marcadas pola regulación europea que todas as empresas e organismos deben cumprir".

Así, manifestou que se facilitará o financiamiento de proxectos empresariais "prometedores para mellorar a competitividade industrial a través do crecemento económico e mellorar a cadea de valor completa.

O responsable de Navantia destacou que están a facer un esforzo por filtrar os proxectos primarios máis incentivadores para incluílos nun "proxecto tractor, que poden estar relacionados coa innovación experimental, investigación industrial, protección ambiental e outros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta