25 anos do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

A Xunta recoñece o esforzo de Craega a prol do coidado do medio ambiente a través do control e certificación das producións da agricultura ecolóxica.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 23/09/2022 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A Xunta recoñeceu o esforzo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) en favor do coidado do medio ambiente a través do control e certificación das producións da agricultura ecolóxica.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, a de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o de Medio Rural, José González, co presidente do do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Francisco López
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, a de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o de Medio Rural, José González, co presidente do do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Francisco López | Fonte: CRAEGA - Europa Press

Nun acto conmemorativo do 25 aniversario de Craega en Palas de Rei (Lugo), a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, remarcou a colaboración de Craega na loita contra o cambio climático, a aposta pola económica circular e o aproveitamento sustentable dos recursos naturais.

A conselleira tamén remarcou no "importante papel" da agricultura ecolóxica na planificación do futuro de Galicia a prol da sustentabilidade.

Así, o Executivo galego sinalou que a agricultura ecolóxica representa un modelo a seguir xa que vai ser fundamental para chegar á neutralidade en carbono e mellorar a resiliencia do territorio. "Contribúe á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro ao diminuír a aplicación de fertilizantes", remarcou Vázquez.

Tamén, a conselleira avanzou que o sector agrogandeiro será considerado "como prioritario" na futura Lei do clima de Galicia.

Pola súa banda, a conselleira de Mar, Rosa Quintana, valorou o labor de Craega ao "achegar un enorme valor engadido aos alimentos, ao facer os produtos certificados máis atractivos e ao converter a experiencia de compra nunha actitude de responsabilidade".

Quintana subliñou que no 2021 a comercialización do produtor ecolóxicos do mar estivo "entre a acuicultura, a recollida de algas e as conservas".

O conselleiro de Medio Rural, José González, tamén presente no acto, resaltou a evolución da agricultura ecolóxica en Galicia nos últimos anos.

González remarcou as máis de 45.000 hectáreas certificadas que hai a día de hoxe e os máis de 1.500 operadores ecolóxico e os case 113 millóns de euros de valor económico estimado.

Así, o responsable de Medio Rural sinalou que estas cifras "confirman que a produción ecolóxica galega está máis que consolidada e pasou de ser unha moda a unha tendencia actual".

Mentres tanto, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, felicitou a Craega e desexou que "sigan polo bo camiño" e que "cumpran cos retos que teñen fixados para os próximos anos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta