Ferido grave un motorista na Estrada mentres practicaba motocrós

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2022 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida este sábado mentres practicaba motocrós no municipio pontevedrés da Estrada. Debido á gravidade das lesións, tivo que ser trasladado en helicóptero ao hospital.

Segundo relata o 112, ao redor das 17,00 horas, o 061 deu aviso ao servizo de emerxencias da caída dun motorista nunha zona de monte do lugar de Ventosela, na parroquia de San Pedro de Ancorados. Durante a chamada, solicitaban a colaboración doutros equipos de emerxencia para coordinar a aterraxe do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que se desprazaba cara alí.

Así, foron mobilizados os Bombeiros do Deza, os membros do GES da Estrada, os axentes da Garda Civil e da Policía Local. Igualmente, desde o 112 pasouse aviso aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Ambulancia del 061
Ambulancia del 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta