Formoso acusa a Rueda de practicar "cinismo fiscal" coa rebaixa do imposto de patrimonio

Galicia "non é un país de millonarios", senón "de traballadores e de clase media", asegura o secretario xeral do PSdeG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2022 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de practicar "cinismo fiscal" coa bonificación do 50% do imposto de patrimonio anunciada este venres.

En declaracións aos medios nun acto no municipio pontevedrés de Redondela, o líder dos socialistas galegos insistiu en que Galicia "non é un país de millonarios", senón "de traballadores e de clase media".

Por iso, mostrouse "escandalizado" porque a política fiscal de Rueda sexa "baixarlle os impostos aos máis ricos" que, engadiu, "só son o 0,002 da poboación de Galicia". "E todo por facerlle caso a Ayuso e a Feijóo", reprochou.

Ante esta decisión, Formoso afirmou que Galicia debe ter "decisión propia en política fiscal" e non debe estar "sometida ás directrices de Xénova e do PP de Madrid". Así, pediu a Rueda que "non utilice Galicia na confrontación co Estado" e que non faga "cinismo fiscal".

"O que non é normal é que lle rebaixemos aos millonarios os impostos para que, despois, o presidente da Xunta lle reclame ao Goberno do Estado máis fondos. Creo que se chama cinismo fiscal o que está a practicar Alfonso Rueda agora mesmo en Galicia", criticou Formoso.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso / PSdeG.  / Europa Press
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso / PSdeG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta