Formoso pídelle ao Goberno central que aumentae o coeficiente reductor para rederas e mariscadoras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, instou ao Goberno a levar a cabo estudos que "profunden" no coñecemento sobre as consecuencias do exercicio de profesións do mar como rederas e mariscadoras para avaliar a posibilidade de incrementar o coeficiente reductor para a súa xubilación.

O responsable socialista visitou este martes o Congreso acopañado dunha delegación de bateeros, mariscadoras e rederas, colectivos aos que, por primeira vez, se lles aplica o coeficiente reductor grazas á Lei de pesca sustentable, que se atopa nestes momentos en proceso de tramitación parlamentaria.

Alí, Formoso realizou declaracións aos medios nas que enxalzou o "recoñecemento desta débeda histórica" do colectivo por parte do Grupo Socialista no Congreso, impulsor da nova normativa.

"Por fin recupérase e concrétase unha gran aspiración do sector", aseverou Formoso, que cifrou en 4.700 as mulleres que desempeñan profesións como marisacadora ou redera que teñen características "moi duras".

Por iso, valorou que o proxecto lexislativo "recoñeza" a dureza destas profesións, aínda que pediu ao Goberno central que vaia máis aló e profunde no coñecemento destes oficios para avaliar unha posible subida deste coeficiente.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, con representantes de bateeros, mariscadoras e rederas ás portas do Congreso dos Deputados. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, con representantes de bateeros, mariscadoras e rederas ás portas do Congreso dos Deputados. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta