Salva a vida dun home que pretendía tirarse da Ponte Vella de Ourense

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/09/2022 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ourense informou de que unha patrulla se mobilizou o pasado domingo e salvou a vida dun home na Ponte Vella, tras recibir un aviso dunha testemuña que alertou de que podería tirarse.

Segundo informa nun comunicado, os feitos producíronse o pasado día 25 de setembro, ás 23,51 horas na Ponte Vella, na parte próxima á Rúa Progreso, onde o home estaba agarrado á varanda dun balcón da ponte e con parte do seu corpo na parte exterior do mesmo.

Tras devolvelo a zona segura, solicitaron os servizos dunha ambulancia, na que o home, de 58 anos, veciño de Ourense, foi trasladado ao hospital. Así mesmo, instruíronse dilixencias xudiciais.

Ponte Vella, en Ourense
Ponte Vella, en Ourense | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta