Explosión nun baixo comercial de Vilagarcías sen que haxa que lamentar feridos

A deflagración provocou danos no escaparate e na porta de acceso do local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2022 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

Unha deflagración rexistrada este martes nun baixo comercial en Vilagarcía de Arousa, saldouse con danos materiais, e sen que haxa que lamentar persoas feridas, segundo informou o 112 Galicia.

Os feitos ocorreron sobre as 11,00 horas, cando unha veciña da rúa Castelao chamou a Emerxencias tras decatarse de que podería estar a se producir un incendio nun baixo comercial desa mesma rúa.

Tras comprobar que non había ninguén ferido, solicitouse a intervención dos bombeiros de Vilagarcía e do Servizo Municipal de Emerxencias. No operativo tamén colaboraron efectivos de Policía Local e de Policía Nacional.

Unha vez finalizadas as tarefas de extinción do lume, comprobouse que se produciu unha deflagración na tenda, cando se estaban facendo traballos de soldadura dun patinete eléctrico. Dita deflagración provocou danos no escaparate e na porta de acceso do local.

Intervención dos bombeiros nunha emerxencia
Intervención dos bombeiros nunha emerxencia | Fonte: SERVIZO DE EMERXENCIAS DE SANXENXO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta