O PPdeG aproba en solitario pola vía de urxencia o proxecto de lei para os postos de difícil cobertura do Sergas

BNG e PSOE votan en contra e acusan á Xunta de pretender normalizar o usar unha vía "excepcional" para un "problema estrutural".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2022 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O Pleno do Parlamento aprobou este martes continuar pola vía de urxencia por lectura única a tramitación do proxecto de lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura na sanidade galega.

A iniciativa saíu adiante cos votos a favor do PPdeG, que xustificou a urxencia na necesidade de dar resposta ás necesidades de cobertura sanitaria dos hospitais comarcais, e coa oposición de BNG e PSdeG, que viron nesta opción a intención de "furtar o debate" parlamentario.

Así, fronte á posición dos populares, que agradeceron á Xunta o "esforzo" por buscar vías de cobertura para estas prazas, a oposición considerou que a lei pretende normalizar unha vía "excepcional" de provisión de prazas para solucionar un problema que é "estrutural", a falta de médicos en determinados servizos ou centros comarcais.

Nesta liña, o deputado socialista Xulio Torrado acusou á Xunta de pretender, con esta lei, "resolver os problemas do sistema sanitario empregando mecanismos extraordinarios de forma estrutural". Tamén a deputada nacionalista Montse Prado afeou "a forma" de tramitación desta lei, coa utilización do "mecanismo de excepción" para "reducir os tempos de debate ao mínimo".

Finalmente, a deputada popular Encarna Amigo agradeceu "o esforzo da Xunta" para dotar de facultativos os postos de difícil cobertura e asegurou que esta lei non sería necesaria "se Pedro Sánchez tivese feitos os deberes", modificando a normativa básica para garantir a cobertura.

Unha sanitaria vacina a un home maior de 80 anos coa dose de Pfizer no ambulatorio Virxe Peregrina, en Pontevedra
Unha sanitaria vacina a un home maior de 80 anos coa dose de Pfizer no ambulatorio Virxe Peregrina, en Pontevedra | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta