Denuncian que o novo convenio da Xunta ten un 68% menos de establecementos de óptica que o anterior

O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia advirte dun “empeoramento de acceso asistencial” nas revisións visuais dos habitantes das zonas rurais galegas, especialmente no interior das provincias de Lugo e Ourense

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2022 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia advirte dun “empeoramento de acceso asistencial” nas revisións visuais dos habitantes das zonas rurais galegas, especialmente no interior das provincias de Lugo e Ourense. Segundo o Colexio, este déficit débese ao novo convenio posto en marcha pola Xunta de Galicia directamente con empresas de óptica, o chamado “Coida os teus ollos”, que provocou unha redución do número de establecementos sanitarios de óptica e dos optometristas adheridos fronte ao anterior convenio “Ollo cos Ollos” que o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia e la Xunta de Galicia tiñan en marcha desde 2007.

Óptica
Óptica | Fonte: YouTube

A setembro de 2022, inscribíronse a convenio “Coida os teus ollos” 198 establecementos sanitarios de óptica, fronte os 624 que formaban parte del anterior convenio en outubro de 2020, o que supón un 68% menos. Igualmente sucede co número de profesionais ópticos-optometristas que se sumaron ao acordo vixente, que suman 225 fronte aos 996 que formaban parte del programa anterior, é dicir, un 77% menos.

O Colexio tamén indica que “a distribución descompensada dos establecementos sanitarios de óptica pola xeografía galega pódese apreciar, ademais de en zonas rurais, en moitas capitais de comarca que non dispoñen de ningunha óptica adherida, como es el caso de Ribeira o Noia”. Outro dos problemas derivados deste novo convenio, dos que recibiron queixas na sede colexial, é que moitos centros de saúde non admiten informes de ópticas que non estean adscritas ao acordo actual.

CANCELACIÓN DO ANTERIOR CONVENIO POR “NON RECOÑECER O LABOR”

O Colexio decidiu, en asemblea, cancelar o convenio “Ollo cos Ollos” en 2020, pero as razóns expostas foron que, “despois de trece anos de aplicación do convenio, o Servizo Galego de Saúde nunca reconoceu o labor realizado, xa que non se retribuía nada polas interconsultas, nin se avanzou na incorporación gradual da figura do óptico-optometrista na carteira de servicios de Sanidade”. Indican que desde o inicio do convenio realizaron cerca de 700.000 interconsultas, facendo no 2019, último ano prepandémico, 46.202 interconsultas novas en toda Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta