Galicia suma un falecido máis por covid-19

A evolución do virus está estable, con 1.339 positivos rexistrados por PCR.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2022 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou a morte dun home de 85 anos da área sanitaria de Vigo, e que presentaba patoloxías previas. É a vítima 3.907 rexistrada por covid-19 en Galicia.

Mentres, a evolución do virus está estable, con 1.339 positivos ata as 18,00 horas deste martes, o que significa 13 persoas menos. No entanto, o número de contaxios nas últimas 24 horas foi de 147, cunha tendencia lixeiramente á alza nos últimos días.

En canto ás hospitalizacións, experiméntase un descenso notable fronte á xornada anterior. Así, actualmente hai 98 persoas en hospitalización convencional e outras dúas permanecen nas unidades de coidados intensivos (UCI).

Do total pacientes con covid-19, 273 son da área da Coruña, 196 da área de Lugo; 236, de Ourense; 152 de Pontevedra e 188, de Vigo; mentres que 205 están asociados á área de Santiago e 88 a Ferrol.

En canto aos hospitalizados, as áreas de Ourense e Pontevedra son as que máis altas rexistraron, ao pasar de 18 e 14 hospitalizados a 14 e 10, respectivamente, en 24 horas. Pola súa banda, a área sanitaria da Coruña conta con dous hospitalizados máis, ao pasar de 29 a 31.

Doutra banda, segue a vacinación nas residencias de maiores, que na primeira xornada obtivo unha adherencia próxima ao 90 por cento. Neste colectivo hai 29.312 persoas con polo menos unha dose, 665 máis que na xornada anterior, segundo o cronómetro de vacinación da web do Sergas.

Chegada de Paxlovid a Galicia para tratar a Covid-19.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Chegada de Paxlovid a Galicia para tratar a Covid-19.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta