Se tes pensado sacar o carné de coche, camión ou autobús debes pedir estas axudas

Ofreceranse importes de 400, 650 e 1.300 euros, respectivamente, dependendo do tipo de carné.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2022 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a liña de axudas mediante a cal a Consellería de Política Social e Xuventude concede ata 1.300 euros para o pago do carné de conducir de coche, camión ou autobús, polo que se poderán solicitar a partir deste xoves.

Tal como informou a Xunta nun comunicado, ata o próximo 28 de outubro os mozos poderán pedir unha subvención para o pago do permiso tipo B (turismo), tipo C (camión) ou tipo D (autobús). Nesta convocatoria, ofreceranse importes de 400, 650 e 1.300 euros, respectivamente, dependendo do tipo de carné.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar a autonomía, a mobilidade e a inserción laboral dos mozos, polo que esta orde de axudas conta cun orzamento total de máis de 761.000 euros, cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

O Executivo autonómico destinou nas dúas convocatorias anteriores uns 1,5 millóns de euros a esta liña de axudas, que beneficiou a máis de 3.500 mozos. Do mesmo xeito que en edicións anteriores, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación da solicitude.

Entre os requisitos, na presentación da petición os interesados deberán ter máis de 18 anos, estar empadroados en Galicia desde hai un ano e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ademais de figurar como beneficiarios no ámbito da Comunidade Autónoma.

Como novidade, para abarcar o máximo tempo posible, deben obter o permiso entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación. Desta maneira, a orde de axudas do ano que vén incluirá o período restante de 2022 e collerá o novo ano en curso.

Arquivo - Imaxe dunha aspirante a obter o carné de conducir, xunto a un profesor.. AUTOESCOLA ONROAD - Arquivo
Arquivo - Imaxe dunha aspirante a obter o carné de conducir, xunto a un profesor.. AUTOESCOLA ONROAD - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta