A galego-arxentina María Rosa Lojo no seu ingreso na RAG: "Son unha galega filla. Unha exiliada filla"

Destaca a significación dos galegos na identidade arxentina.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/09/2022 | Actualizada ás 22:04

Comparte esta noticia

A escritora María Rosa Lojo reivindicou, no seu ingreso na Real Academia Galega (RAG), a significación dos galegos na construción da identidade arxentina.

Unha das voces máis recoñecidas das letras galegas arxentinas contemporáneas, Lojo, con raíces en Boiro, leu este mércores o seu discurso de entrada na RAG como académica de honra.

"Son unha galega filla. Unha exiliada filla. As redes afectivas e intelectuais da emigración nunca se cortaron", expresou Lojo, quen incidiu tamén en que a literatura require "unha posición primaria de escoita".

María Rosa Lojo. RAG
María Rosa Lojo. RAG | Fonte: Europa Press

"Somos apenas unha canle", dixo ao situar aos escritores como aqueles que trasladan a "voz colectiva". Así o expuxo nun acto no que o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, foi o encargado da contestación en nome da institución.

Sobre o seu ingreso na institución galega, Lojo asúmeo co propósito de desenvolver "unha función especialmente fermosa porque se desempeña ao entrelazar mundos e reunir horizontes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta