O Goberno dá un mes ás CCAA para que presenten as súas candidaturas a albergar a Axencia Espacial e a Axencia de IA

Por E.P. | MADRID | 29/09/2022 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu este xoves a reunión da Comisión consultiva que elaborará un informe cos criterios para fixar a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial e da Axencia Espacial Española. No prazo dun mes, as comunidades e as entidades locais poden presentar a candidatura dun ou varios municipios para albergar a sede física da entidade.

En concreto, desde a publicación no BOE do acordo de inicio do procedemento, as comunidades autónomas e as entidades locais dispoñen dun mes para presentar estas candidaturas. As administracións que o fagan tamén poden ofrecer adicionalmente compromisos de cesión de bens inmobles, asunción de custos financeiros do traslado ou creación da sede e medidas de apoio ao persoal trasladado.

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas, a Comisión elaborará un ditame, analizando as posibles sedes. Finalmente, será o Consello de Ministros quen adopte o acordo definitivo sobre a localización das sedes destas novas agecnias, que se publicará no BOE no prazo máximo de seis meses desde o inicio do procedemento.

O Consello de Ministros, na súa reunión do 13 de setembro, adoptou tomar o acordo para a determinación da sede da Axencia da Intelixencia Artificial, mentres que na da Axencia Espacial Española foi o pasado martes 27 de setembro.

"A desconcentración mellorará a calidade da nosa democracia, fortalecerá a transparencia e reforzará a eficacia das nosas institucións no servizo á cidadanía", defendeu Isabel Rodríguez.

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participa nas probas de Boing do proxecto 'Galicia SkyWay', no Polo Aeroespacial de Rozas.. XUNTA
A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participa nas probas de Boing do proxecto 'Galicia SkyWay', no Polo Aeroespacial de Rozas.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta