Pequeno repunte da Covid en Galicia; máis casos e o dobre de pacientes nas UCI

Hai máis de 1.500 contaxiados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2022 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) rexistra preto de 1.500 positivos con data de este venres, cifra que se incrementou desde o luns con máis dun centenar de novos casos diarios.

Nas últimas 24 horas, segundo os datos da web do Sergas actualizados ata as 18,00 horas do xoves, detectáronse 112 novos positivos, co que Galicia suma xa 677.958 contagios por covid-19 contabilizados desde o inicio da pandemia. Mantéñense en 3.908 os falecidos atribuídos á infección de SARS-Cov-2.

Do total de positivos de toda Galicia, 292 pertencen á área sanitaria da Coruña; 199, á de Lugo; 255, á de Ourense; 172, á de Pontevedra; 225, á de Vigo; 240, á de Santiago, e 100, á área de Ferrol.

En canto aos hospitalizados, o número de persoas caeu por baixo do centenar, cun total de 98, aínda que hai dous pacientes máis en UCI con respecto ao día anterior. Así, en unidades convencionais están ingresadas 94 persoas (fronte a 98 da xornada anterior) e en críticas permanecen catro, fronte ás dúas do parte anterior.

Se se ten en conta o detalle da situación dos hospitais, o de Complexo Hospitalario Universitario da Coruña mellorou con 27 hospitalizados, catro menos que a xornada anterior. Os hospitais de Ourense e Santiago rexistran 12 ingresos cada un, un máis no caso do centro ourensán.

Un cribado para detectar casos de covid-19 na área sanitaria de Santiago e Barbanza
Un cribado para detectar casos de covid-19 na área sanitaria de Santiago e Barbanza | Fonte: Sergas - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta