Yolanda Díaz defende as rebaixas as clases medias e baixas fronte aos "agasallos ás elites" de "Rajoy e Feijóo"

Presume de que o Executivo vai "en dirección contraria" ao PP, cuxo modelo xerou "unha enorme brecha de desigualdade".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/10/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, respondeu este sábado ás críticas que Mariano Rajoy fixo no Foro La Toja sobre as medidas fiscais do Goberno, e defendeu que o Executivo está precisamente "corrixindo" a "enorme brecha de desigualdade" xerada polo modelo do PP, e "de Rajoy e Feijóo".

Así o trasladou en declaracións aos medios, antes de participar nun encontro con traballadoras do sector da conserva convocado en Vigo por CC.OO. Yolanda Díaz advertiu de que "non hai nada máis perigoso nunha sociedade que a desigualdade".

Respecto diso, subliñou que, o que fixeron Rajoy e Feijóo coas súas políticas foi xerar unha "enorme brecha de desigualdade" en España, cunha reforma laboral "pensada para empobrecer salarialmente o país", facer aos españois "máis desiguais" e "causar un enorme sufrimento". "Unha reforma, ademais, pensada contra as traballadoras", engadiu.

Por contra, o Goberno está "a corrixir esas desigualdades" e, por primeira vez, un Executivo "baixa impostos aos que menos teñen, e ás pemes e autónomos", mentres que deberán pagar máis "as grandes empresas e as rendas de capital", segundo recalcou.

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz
A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz | Fonte: Javier Vázquez - Europa Press

REFORMA "ESTRUTURAL"

Cuestionada acerca de se Unidas Podemos está satisfeita coas medidas ou esperaba unha acción máis ambiciosa, Yolanda Díaz lembrou que a súa formación defende, desde o arranque da lexislatura, "unha reforma estrutural en materia de ingresos públicos".

ORZAMENTOS

Tamén apelou este sábado á "tranquilidade" en relación cos próximos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) e asegurou que, aínda que os socios da coalición seguen "negociando", "haberá orzamentos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta