A Xunta anuncia que atalla a falta de médicos en Galicia con"prazas máis atractivas"

A provincia de Pontevedra incorpora 40 prazas de especialistas en Atención Primaria das 106 para toda Galicia.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 01/10/2022 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, cualificou de "medida pioneira" a iniciativa da Xunta para cubrir as prazas vacantes de especialistas en Atención Primaria. "Imos seguir traballando para que en 2023, tanto en Atención Primaria como nos centros comarcais esta falta de médicos se poida compensar", precisou, "con prazas máis atractivas desde o punto de vista laboral, ofrecendo prazas en propiedade e co concurso de méritos".

Tras reunirse en Pontevedra con alcaldes e portavoces locais do PP para detallar o proceso de adxudicación destas prazas, García Comesaña sinalou que 35 facultativos na provincia de Pontevedra escollen prazas "de difícil cobertura". Nunha primeira quenda, explicou o conselleiro, adxudicáronse 90 das 106 prazas para Galicia, que se completarán coa convocatoria dunha segunda quenda nos próximos días.

Na provincia de Pontevedra, segundo García Comesaña, haberá 40 prazas que estaban sen cubrir e contarán cun médico de Atención Primaria que fará dous gardas ao mes nos Puntos de Atención Continuada correpondientes. Así, serán catro prazas no centro de saúde de San Roque, en Vilagarcía; tres no centro de saúde Virxe Peregrina de Pontevedra, en Ponteareas, Moaña e Cambados; dous en Marín e O Rosal; e un médico en localidades como A Garda, Baltar, O Grove ou Val Miñor.

SANXENXO

O titular de Sanidade referiuse ao caso concreto de Sanxenxo, facendo unha valoración "positiva" da iniciativa do Goberno local de ofrecer aloxamento gratuíto a catro médicos para atender os centros de Baltar e Vilalonga durante a época estival.

O conselleiro asegurou que "a atención foi mellor", polo que non só agradeceuna, senón que engadiu que "calquera medida que faga ter dispoñibles máis médicos para cubrir baixas, será benvida por parte da Consellería".

CRÍTICAS Á OPOSICIÓN

Ademais, acusou aos grupos parlamentarios do PSOE e do BNG de que "sempre que tiveron opción de votar sobre este método, votaron en contra", tanto no Parlamento como nas mocións municipais, polo que "todo este proceso fíxose coa absoluta oposición" de ambos os partidos, criticou. Tamén reprochou que socialistas e nacionalistas anuncien "que van votar en contra" á iniciativa do PPdeG no Parlamento para estender esta medida ao próximo ano.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o responsable do PPdeG en Pontevedra, Luís López
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o responsable do PPdeG en Pontevedra, Luís López | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta