A Xunta prevé regularizar a 1.156 funcionarios cun concurso de méritos en educación nas vindeiras semanas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2022 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia prevé lanzar a convocatoria para o concurso de méritos de estabilización en educación --onde convocar 1.156 prazas en 148 especialidades-- nun prazo de catro ou cinco semanas.

Así o confirmou o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nunha entrevista concedida a Radio Galega este domingo e recollida por Europa Press, onde sinalou que tras a convocatoria, abrirase un proceso de dous ou tres semanas para presentar a documentación por parte dos interesados --ao redor dos 12.000 ou 13.000--.

Calculan ter o proceso resolto ao redor de marzo ou abril do 2023, co que "se ofrecerá tranquilidade laboral aos traballadores para facer o seu traballo".

Apuntou ademais que a convocatoria deste concurso de méritos dá resposta á obrigación imposta polo Goberno central a través do Real Decreto que modifica de forma transitoria o sistema de oposicións para alcanzar unha taxa de interinidade do 8%, "cifra que Galicia xa ten e que contrasta coa media do 25% que se estima de media para o conxunto das Comunidades".

Do total de prazas, Román Rodríguez lembrou que as 147 prazas do extinto corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional non se poderán convocar ata que o Ministerio de Educación publique a norma de desenvolvemento da nova lei de FP no que respecta ao novo corpo que se crea (profesores especialistas en sectores singulares da FP) e ás especialidades do extinto corpo que se integran agora no de profesores de ensino secundario.

Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela
Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta