Eva Solla, nova secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia

A deputada de AGE foi elixida nova líder do PCG nun congreso no que se renou o 60% o Comité Central deste partido.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/10/2014 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

Eva Solla, deputada no Parlameto Galego dentro da Alternativa Galega de Esquerda (AGE) foi elixida a nova secretaria xeral do Patido Comunista de Galicia (PCG). Foi no XIII Congreso deste partido que se celebrou este sábado en Vigo. 

Eva Solla no seu discurso ante o XIII Congreso do Partido Comunista de Galicia (PCG)
Eva Solla no seu discurso ante o XIII Congreso do Partido Comunista de Galicia (PCG)

Ademais da elección de Solla, o PCG tamén renovou o seu Comité central en máis dun 60% nunha lista única que encabezou Eva Solla. No Congreso, no que interviron os cónsules de Cuba e Venezuela, unha representación de CCOO, dos colectivos de solidariedade co Sáhara, a coordinadora xeral de EU Yolanda Díaz, renovaronse os documentos políticos, organizativos e estatutarios.

Tamén se aprobou unha folla de ruta ideolóxica e de traballo político para esta etapa, especialmente centrada en que “os e as comunistas señan parte activa e esencial dos procesos de configuración de bloques políticos e sociais de loita contra o sistema capitalista”, segundo apuntan nun comunicado.

No debate do Congreso analizouse o contexto político actual, centrado, sobre todo, no actual modelo político, económico. De feito, o XII Congreso do PC destacou “o acerto dos comunistas ao  caracterizar que a crise tiña un carácter sistémico, que non se trataba dunha crise coxuntural, pese aos constantes intentos propagandísticos de anunciar a súa remisión mes a mes”. 

Eva Solla no seu discurso de clausura do Congreso defendeu un “partido á ofensiva, en clara interlocución cos movementos sociais e coa clase obreira e agradeceu a confianza dos e das camaradas nesta nova etapa de consolidación e crecemento orgánico do PCG”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Cáspita!

Mamaiña, ¿pero aínda existe o Partido Comunista de Galicia?

2 oulolo

nova ofensiva para pintar e reformar despachos e moquetas!

1 Tarjetas black de IU

A que sigue mandando con puño de ferro é Procesiones non é partido de Galicia é sucursal do de España.