Pesar pola morte de Manolo Blanco Rey, un dos grandes fotoxornalistas galegos

Por Galicia Confidencial | | 03/10/2022 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

O mundo do xornalismo e do fotoxornalismo está de loito tras o falecemento do fotoxornalista Manuel Blanco Rey. A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia xatrasladou xa as suas condolencias á familia e persoas achegadas do fotógrafo, falecido este domingo.

O fotoxornalista Manuel Blanco Rey
O fotoxornalista Manuel Blanco Rey | Fonte: ECG

Nado en 1947 en Santiago de Compostela, Manuel Blanco Rey entrou no mundo da fotografía desde moi novo, e en 1964 xa exerce o fotoxornalismo no El Correo Gallego, medio no que desenvolveu a meirande parte da súa carreira e no que chegou a ser xefe da sección gráfica durante varias décadas.

Foi tamén correspondente do El País durante 12 anos, e colaborou con outros xornais, ademais de coas axencias EFE e Europa Press. Ademais de colexiado do CPXG, foi fundador da Asociación Nacional de Informadores Gráficos e membro da Asociación de Fotógrafos Profesionais de Galicia.

Recibiu numerosos recoñecementos, como o Premio Galicia de Xornalismo en 1987, Premio Galicia de Comunicación en 2003, o Premio Fundación Caixa Galicia-Unha Vida en Imaxes en 2007 ou o nomeamento como Fotógrafo Histórico pola Deputación da Coruña en 2014.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta