Profesorado mobilízase para esixir máis prazas e "rematar coa precariedade" no ensino

A CUT reclama unha "solución real" ao "problema da fraude por temporalidade que se repite en toda a administración galega".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2022 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

Medio cento de docentes concentráronse na mañá deste luns ante a sede da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, para reclamar máis prazas de  consolidación que dean "solución real" ao "problema da fraude por temporalidade que se repite en toda a administración galega", segundo explica o sindicato CUT.

Traballadores do sindicato CUT protestan ante o Parlamento de Galicia para pedir a aprobación dunha iniciativa lexislativa popular para reducir a temporalidade no sector público.
Traballadores do sindicato CUT protestan ante o Parlamento de Galicia para pedir a aprobación dunha iniciativa lexislativa popular para reducir a temporalidade no sector público. | Fonte: Arquivo

Alí mesmo tiña lugar unha xuntanza entre os responsables de ensino da Xunta de Galicia e os sindicatos con presenza na mesa de negociación dos procesos de estabilización do profesorado (CIG, CCOO, ANPE e UGT). A berros de "Prazas si, despedimentos non" e "A solución: a estabilización", as persoas manifestantes interpelaron ao Subdirector Xeral de Recursos Humanos da Xunta, José Luis Canosa, para demandar máis prazas e un proceso de consolidación con garantías.

Dende a CUT Ensino denuncian "eivas" na oferta xa publicada, así como no borrador da convocatoria aínda en negociación, cunha valoración do tempo traballado inferior ao 50% (única administración con esta porcentaxe), sen puntuación diferenciada por ter traballado nesta administración fronte a outras e sen apartados de innovación ou desempeños propios da función docente como mérito (titorizacións, formacións impartidas, etc), segundo recolle o sindicato nun comunicado.

"Apostamos por un proceso garantista cun número de prazas suficiente que resolva dunha

vez o problema da temporalidade e remate coa precarización dos docentes, que reverte

claramente de xeito nefasto na calidade do ensino galego", sentenzan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta