O presidente provincial do PP da Coruña apela a formar os "mellores equipos" para as municipais

A dirección inicia en Carballo a rolda de reunións comarcais.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/10/2022 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

A dirección do PP na provincia da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, e polo seu secretario xeral, Evaristo Ben, iniciou este luns en Carballo unha nova rolda de reunións comarcais que levarán aos populares a citarse mañá cos alcaldes e portavoces do partido xudicial de Santiago e, este venres, cos seus homólogos na comarca do Barbanza.

Na reunión desta tarde, e ante os representantes do PP nos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica e Ponteceso, Calvo insistiu na "importancia" deste tipo de encontros para manter o partido "vivo, en escoita permanente e traballando na confección dos mellores equipos" co obxectivo de afrontar con plenas garantías a cita coas urnas locais.

"Levamos tempo xa coa mente posta nunhas eleccións que deben ser o punto de partida do cambio político que necesita España en moitos aspectos", asegurou o presidente popular, quen incidiu na importancia de que a súa formación ofreza á veciñanza "unha alternativa estable e eficaz" nos lugares nos que non goberna.

No caso dos que goberna, apelou a refozar as maiorías e reivindicou unha xestión "seria e centrada nas necesidades das persoas". Diego Calvo aproveitou a presenza dos alcaldes de Cabana, Laxe, Malpica, Coristanco e Laracha para destacar que na comarca de Bergantiños a veciñanza ten "bos exemplos" do que supón contar cun goberno do PP. "Aquí non vimos prometer cousas que non demostrásemos, aquí basta con botar unha ollada do que son capaces de ofrecer", insistiu.

Diego Calvo, nunha reunión da xunta directiva provincial do PP / M. Dylan - Europa Press / Europa Press
Diego Calvo, nunha reunión da xunta directiva provincial do PP / M. Dylan - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta