Galicia suma catro novas mortes por coronavirus e aumenta en positivos e casos activos

A cifra de persoas hospitalizadas diminuíu dos 117 do parte do luns aos 111.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou de catro novos falecementos vinculados á pandemia de coronavirus e producidos en Galicia nos últimos días, co que a cifra total de vítimas sitúase xa nas 3.914 persoas.

En concreto, segundo reflicte o último parte emitido polo Sergas, o pasado 29 de setembro produciuse o falecemento dunha muller de 66 anos na área sanitaria de Lugo, mentres que o 30 morreron unha muller de 91 anos e un home de 88, tamén na área lucense. Este domingo tamén se notificou o óbito dunha muller de 87 anos na área sanitaria da Coruña.

Os últimos datos reflicten en Galicia unha repunta en casos activos e positivos, mentres que a cifra global de persoas hospitalizadas con covid descende. En concreto, en 24 horas --ata as 18,00 horas deste luns-- notificáronse 158 positivos --95 máis que no anterior parte-- e os casos activos sitúanse en 1.333 --36 máis--.

A cifra de persoas hospitalizados diminuíu --con 111 fronte aos 117 do parte do luns--. Con todo, os ingresados en coidados intensivos son un máis, ata cinco.

Por áreas sanitarias, quen ten un maior número de hospitalizados é a da Coruña e Cee, con 39 en planta e dous en UCI; seguida da de Ourense, con 15 positivos covid en hospitalización convencional e un en coidados intensivos. Pola súa banda, a área de Vigo tamén ten dous enfermos en UCI e 14 en planta, a mesma cifra que a de Santiago --aínda que esta última área non ten pacientes covid en UCI--.

Na área de Lugo hai 10 pacientes en hospitalización convencional, os mesmos que Pontevedra, mentres que a de Ferrol ten catro positivos covid en planta.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos e novos positivos, o maior número está tamén na área da Coruña, con 286 casos activos e 17 positivos; seguida de Santiago --216 casos e 11 positivos-- e Ourense --214 casos e cinco positivos--. Na área de Vigo, pola súa banda, hai 204 casos e 9 positivos.

Por baixo dos 200 casos están a área sanitaria de Lugo, con 167 casos e 9 positivos; a de Pontevedra, con 133 casos e 6 positivos; e a de Ferrol, con 78 casos e seis positivos. Desde o inicio da pandemia, resultaron contaxiadas en Galicia 678.395 persoas e superaron a enfermidade 673.257, mentres que faleceron con covid 3.914 persoas.

Por outra banda, realizáronse case catro millóns de probas de detección PCR, case dous millóns de probas de antígenos, e 1,6 millóns doutro tipo de probas. Con respecto ás vacinas, fornecéronse algo máis de 6,7 millóns de doses.

Residencia de maiores das Gándaras / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Residencia de maiores das Gándaras / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta