Novo operativo antidroga na zona de Arousa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2022 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Garda Civil e Policía Nacional desenvolven desde primeira hora deste mércores un novo operativo contra o tráfico de droga na zona de Arousa, na provincia de Pontevedra.

Fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press informaron que ambos os corpos levan a cabo distintas actuacións no marco desta operación.

A intervención comezou na mañá deste mércores e realízana de forma conxunta axentes da Garda Civil e da Policía Nacional, segundo indicaron as fontes policiais.

Este novo operativo prodúcese semanas despois doutro no que foron detidas tres persoas na provincia de Pontevedra acusadas de traficar con heroína.

Rexistro policial no marco dun operativo contra o 'menudeo' de drogas en Vigo.
Rexistro policial no marco dun operativo contra o 'menudeo' de drogas en Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta