Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 12:37
O próximo 15 de outubro o Museo de Pontevedra acollerá unhas xornadas organizadas pola Real Academia Galega que profundarán na historia da toponimia e a onomástica nas letras galegas.
O encontro contará coa participación de persoas expertas que analizarán as raíces de nomes propios empregados na literatura galega, como a Maxina de Marcial Valladares ou o Balbino de Neira Vilas.
Tamén estará sobre a mesa a elección de topónimos para ambientar as historias, desde aqueles reais como Bastavales ou Lestrobe que usou Rosalía aos que están a medio camiño entre realidade e ficción, como as Terras de Miranda de Cunqueiro.
A programación do VII Xornada de Onomástica Galega complétase cunha mesa redonda na que as escritoras Berta Dávila, Fina Casalderrey e Marcos Calveiro compartirán con Marilar Aleixandre os camiños que as levan a escoller os nomes dos protagonistas das súas novelas.
O broche á xornada, para a que é preciso anotarse para asistir presencial e que tamén poderá seguirse na páxina web da Academia, porao Xosé María Álvarez Cáccamo cun acto poético baseado en topónimos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.