A disposición do xuíz este venres os detidos na última operación contra o narcotráfico en Arousa

Fontes xudiciais sinalaron que está previsto que este venres pasen tres persoas a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, que instrúe esta causa baixo segredo de sumario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O tres detidos no último operativo contra o tráfico de droga desenvolvido este pasado mércores, na zona de Arousa, pasarán a disposición xudicial este venres.

Fontes xudiciais sinalaron que está previsto que este venres pasen tres persoas a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, que instrúe esta causa baixo segredo de sumario.

No operativo, coordinado pola Garda Civil e Policía Nacional, practicáronse, polo menos, tres detencións e incautouse "certa cantidade de cocaína", segundo apuntaron fontes coñecedoras do caso a Europa Press.

Tamén se practicaron varios rexistros e, segundo puido saber Europa Press, un deles produciuse nun inmoble da Avenida de Galicia, en Cambados.

Así mesmo, varios veciños da zona ratificaron a participación do helicóptero das forzas policiais e a presenza de varios axentes no barrio do Pombal, lugar onde se localiza o edificio.

Coche patrulla da Policía Nacional
Coche patrulla da Policía Nacional | Fonte: Policía Nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta