Desarticulado un grupo que introducía "grandes cantidades" de haxix e cocaína en Galicia

Os axentes incautáronse de 170 quilogramos de haxix e 2,7 de cocaína, e non descartan novas detencións e rexistros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo aos integrantes dun grupo criminal asentado na provincia de Pontevedra que introducía, transportaba e distribuía "importantes cantidades de haxix e cocaína".

Segundo informou do corpo policial, esta operación denominada 'Curvo' estivo dirixida polo Grupo II da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) de Pontevedra, que desde o pasado verán despregaron unha investigación que revelou un grupo criminal que se dedicaría a viaxar ao sur de España.

O obxectivo sería transportar e introducir en Galicia "grandes cantidades de haxix para a súa posterior distribución". Este grupo criminal dedicábase tamén á distribución de "importantes cantidades de cocaína, en ocasións como parte do pago do haxix", sinalou o corpo de seguridade. Así, os axentes, despois de meses de investigación, interceptaron dous vehículos tras entrar a España desde Portugal "co cargamento ilícito".

APREHENSIÓN DE HAXIX E COCAÍNA

Desta forma, no interior dun dos automóbiles atoparon cinco fardos de haxix "cun peso bruto de 170 quilogramos" e o condutor foi detido. Ademais, detiveron ao condutor da furgoneta "que actuaba como avanzada".

Nela, os axentes acharon, no teito do habitáculo traseiro, un dobre fondo "especialmente deseñado para o transporte e ocultación de grandes cantidades de haxix" ao que se accedía a través do sistema de refrixeración do vehículo. Así mesmo, os axentes localizaron o vehículo, "propiedade dun dos detidos", no que atoparon 2,7 quilogramos de cocaína e 33.000 euros.

Finalmente, remarcaron que con estas detencións "dáse por desarticulado un grupo que de maneira moi activa introduciría ao longo dos últimos meses varios miles de quilogramos de haxix na comunidade galega". Con todo, incidiron en que a operación continúa aberta e non descartan novas detencións e rexistros.

Dorga incautada polos axentes. UDYCO
Dorga incautada polos axentes. UDYCO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta