En marcha un plan de axuda de máis de 10 millóns para 1.700 familias con menores en risco de pobreza

Entre as medidas que inclúe o proxecto, facilitaránselles actividades de reforzo escolar, axudas directas para o pago da renda ou de gastos médicos, cursos de economía doméstica e hábitos de vida saudable ou asesoramento para a inserción laboral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde á firma de convenios con entidades para pór en marcha un proxecto pioneiro para loitar contra a pobreza infantil, que conta cun orzamento de 10,6 millóns de euros.

O programa ten como obxectivo principal, segundo remarca a Xunta, mellorar a situación das familias con menores que se atopen nunha situación de exclusión social ou en risco de padecela.

A través desta iniciativa, financiada con fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, axudarase a 1.700 familias galegas, cunhas 5.100 persoas que conforman estes fogares.

Entre as medidas que inclúe o proxecto, facilitaránselles actividades de reforzo escolar, axudas directas para o pago da renda ou de gastos médicos, cursos de economía doméstica e hábitos de vida saudable ou asesoramento para a inserción laboral.

As familias destinatarias serán, principalmente, receptoras do ingreso mínimo vital (IMV) ou da renda de inclusión social de Galicia (Risga), prestando especial atención ás monoparentais e ás numerosas.

A tal fin, asinaranse convenios con sete entidades especializadas neste ámbito para levar a cabo unha iniciativa que chegará a 32 municipios.

Foto do programa de axudas para a loita contra a pobreza infantil e a exclusión social.. FUNDACIÓN A CAIXA
Foto do programa de axudas para a loita contra a pobreza infantil e a exclusión social.. FUNDACIÓN A CAIXA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta