O goberno de Ferrol non acode á reunión cos traballadores de parques e xardíns

Si acudiron integrantes dos tres grupos na oposición: PP, Ferrol en Común e BNG.

Por E.P. | Ferrol | 07/10/2022 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O goberno municipal de Ferrol, formado en solitario polo grupo socialista, que está en minoría, non acudiu á reunión á que foran convocados polos representantes sindicais dos traballadores que se encargan do servizo de mantemento de parques e xardíns, á que si acudiron integrantes do tres grupos na oposición: PP, Ferrol en Común e BNG.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato.
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato.

"Foran citados para as 10,00 horas e vinte minutos antes desculparon a súa presenza, alegando motivos de axenda", asegurou o portavoz deste colectivo, Sindo Pena (UGT). Así mesmo, afirmou que os que si acudiron foron os representantes da oposición, que "se mostraron moi receptivos e comprometeron o seu traballo e esforzo de face a levar as demandas ao pleno", en alusión a un novo prego de contratación para este servizo, que leva caducado desde o ano 2016.

"Tamén se comprometeron, na medida do posible, a axilizar o prego de condicións, aínda que todos sabemos que a facultade executiva unicamente tena o goberno municipal, co señor Ángel Mato e a concelleira de Servizos", remarcou Pena.

En canto á situación actual do servizo, Pena detallou que "o actual prego recolle un mínimo de 28 traballadores, cando na actualidade son 24", polo que "os cidadáns ven que cada vez os xardíns de Ferrol están en peores condicións, o traballo está a multiplicarse e o emprego está a minguarse".

Por último, o representante sindical explicou que os traballadores continúan cunha convocatoria vixente de folga indefinida e que esta situación está a motivar que "moitos traballadores algúns meses viron retraídos dos seus soldos uns 200 euros, de media, en nóminas, que tamén de media, están situadas nuns 1.000 euros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta