A Xunta remarca a súa aposta pola "riqueza gandeira de Galicia"

Lembran a este respecto que o convenio de 570.000 euros asinado entre a Xunta e Acruga en 2019 para impulsar a consolidación e diversificación da raza Loura Galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2022 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este sábado na inauguración da mostra agrogandeira 'Expolugo A Rural'.

Na feira, que se desenvolve durante este fin de semana na capital lucense, o representante da Consellería de Medio Rural remarcou a aposta autonómica pola "riqueza gandeira de Galicia, en xeral, e polas súas razas autóctonas, en particular".

O director xeral participou tamén na exposición e concurso de gando vacún selecto de raza Loura Galega, así como na entrega de diplomas de xuíces gandeiros, organizado pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Loura Galega (Acruga).

Lembran a este respecto que o convenio de 570.000 euros asinado entre a Xunta e Acruga en 2019 --e vixente ata 2022-- para impulsar a consolidación e diversificación da raza Loura Galega.

Unha vaca nunha granxa   Arquivo
Unha vaca nunha granxa Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta