Descenden un 2,5% os asuntos en trámite nos xulgados galegos durante o segundo trimestre de 2022

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2022 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Os asuntos en trámite nos xulgados galegos descenderon un 2,5% durante o segundo trimestre de 2022 en comparación co mesmo período do ano anterior.

Segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) difundidos este luns polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o número de procedementos abertos ao finalizar o mes de xuño era 151.876, case 4.000 menos que en 2021.

Tamén caeu un 2,5% o volume de ingreso de procedementos nos xulgados, que resolveron 86.578 casos, un 7,8% menos que hai un ano --325,48 de media por órgano xudicial--. O informe apunta que o 31 de marzo os órganos xudiciais tiñan 153.075 asuntos en trámite, un 5,2 % menos que na mesma data de 2021. Pola súa banda, a a taxa de litixiosidade --número de procedementos por cada mil habitantes-- situouse no 31,9, case catro puntos menos que a media estatal --35,6--.

XURISDICIÓNS

En canto á desagregación por xurisdicións, en civil baixaron os casos ingresados un 6,2% (38.104 en total), así como os resoltos (11,2%, 38.611), polo que quedaron en trámite a finais de xuño 82.211 (-2,1%).

En penal ingresaron 36.290 asuntos (252 de media por órgano xudicial), o que supón un 1,8% máis que no anterior trimestre. En total, foron resoltos 35.884 (un 4,3% menos) e quedaron en trámite 38.060 (un 2,1% máis).

En contencioso-administrativo ingresaron 2.449 casos, un 0,9% máis que en 2021, e resolvéronse 2.502 asuntos, un 8,7 % menos. Quedaron en trámite 6.961, un 2,5% menos que en 2021.

Por último, en social tamén houbo un descenso do ingreso de procedementos ao ser os 9.022 rexistrados no trimestre un 6,7% menos que o ano pasado. Así, quedaron resoltos 9.581, un 5,6 % menos, e en trámite, 24.644 (-9,8%).

Exterior da fachada principal dos Xulgados de Vigo
Exterior da fachada principal dos Xulgados de Vigo | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta