Galicia vacinou en tres días a máis de 31.000 maiores contra a covid

O xoves comezarase coa administración da cuarta dose ás persoas de 80 a 84 anos, e adiántase a citación da poboación de 70 a 79 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2022 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Máis de 52.600 maiores recibiron nestes días a cuarta dose da vacina contra a covid-19, entre as persoas inmunizados nas residencias e as que acudiron a recintos masivos. Máis concretamente, nos últimos tres días, os equipos de enfermaría administraron 31.015 doses nos 'vacinódromos'.

Segundo apuntou Sanidade, a adherencia creceu desde o venres cando, por outra banda, a Cidade da Cultura --vacinódromo da área de Santiago-- tivo que interromper o seu labor durante tres horas por un desaloxo por mor dunha ameaza de bomba.

Segundo o plan da Consellería de Sanidade, o vindeiro mércores, día 12, termina a vacinación do grupo etario de 85 e máis anos, e o xoves comezarase coa administración da cuarta dose ás persoas de 80 a 84 anos. Ademais, adiántase a citación da poboación de 70 a 79 anos.

Respecto da vacinación da gripe, o 96% das persoas aceptaron a administración conxunta da vacina da gripe e Covid, o que significa que non terán que acudir xa ao seu centro de saúde para solicitar a administración desta segunda vacina.

Unha muller recibe unha vacina contra a Covid-19
Unha muller recibe unha vacina contra a Covid-19 | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta