Os encoros galegos seguen perdendo auga e están xa ao 43,7% da súa capacidade

A peor situación vívese nos encoros da conca Miño-Sil

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2022 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

Unha semana máis, os encoros galegos continúan perdendo auga e sitúanse xa ao 43,7% da súa capacidade, con 1.624 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 53 menos que fai sete días.

Segundo o boletín emitido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, a peor situación vívese nos encoros da conca Miño-Sil, que están ao 42,4 por cento da súa capacidade, mentres que os de Galicia Costa están ao 49,6 por cento.

Con todo, ambas as concas experimentan descensos. No caso da primeira, baixou 39 hectómetros de auga embalsada con respecto á semana anterior, ata os 1.285. Os de Galicia Costa, pola súa banda, perderon outros 14 hectómetros de auga embalsada en sete días, ata os 339.

Encoro de Portomarin, Lugo
Encoro de Portomarin, Lugo | Fonte: CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta