6,5 millóns de quilos de uva fermentan xa nas adegas de Valdeorras

A Consello Regulador da D.O. Valdeorras dá por rematada a vendima esperando producir arredor de 4,5 millóns de litros de viño. A variedade predominante segue sendo o 'Godello'.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 12/10/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Despois de mes e medio de vendima, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras dá por rematados os traballos alcanzando os 6,5 millóns de quilos de uva en adega. As previsións dos técnicos son alcanzar unha produción de 4,5 litros de viño.

Vendima nunha viña de Valdeorras. Foto: Prensa D.O. Valdeorras.
Vendima nunha viña de Valdeorras. Foto: Prensa D.O. Valdeorras.

Como é xa costume, o godello é a variedade 'Raíña' con preto de 4,3 millóns de uva recollidos. Séguenlle a mencía, con case 1,3 millóns de quilos, a garnacha tintoreira (6.914 quilos) e o palomino fino (284.778 quilos). Outras variedades vendimadas foron: sousón, tempranillo, albarello, merenzao, caíño tinto, sona branca e gran negro.

A valoración do presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, é moi satisfactoria subliñando que os datos finais de cantidade superan as previsións que roldaban os 5,5 millóns de quilos polos danos que fixeron as xeadas de abril.

No que respecta á calidade, García Pando sinala que "de novo, en Valdeorras, estamos ante unha campaña óptima, con uvas que nos permitirán elaborar viños brancos e tintos que seguirán a ser referente para todo tipo de padais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta