A partir do segundo trimestre do 2023 poderás pagar os impostos a través de Bizum

As medidas enmárcanse nas actuacións desenvoltas pola Axencia Tributaria de Galicia para reforzar e avanzar na información e simplificar a asistencia a todos os cidadáns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2022 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

A Xunta facilitará aos cidadáns o cumprimento dos seus deberes tributarios mediante a plataforma de pago Bizum. Para facelo posible, a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) acaba de iniciar o proceso de contratación do servizo que permitirá incorporar aos actuais medios de pago da Administración autonómica o uso de Bizum.

Deste xeito, a iniciativa permitirá que, a partir do segundo trimestre de 2023, os cidadáns poidan utilizar este sistema para realizar o pago dos ingresos xestionados pola Atriga como as taxas, o Imposto de Sucesións e Doazóns ou o Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD).

A Axencia Tributaria de Galicia universalizou xa no 2021 a posibilidade de que calquera cidadán puidese abonar en liña, a través da Oficina Virtual Tributaria e cun cartón de crédito ou débito, todos os ingresos xestionados pola mesma, para non ter que desprazarse ás oficinas bancarias.

A isto hai que engadirlle que, desde febreiro deste ano, tamén se pode pagar fisicamente no cinco delegacións territoriais da Atriga, no momento de presentar o imposto de maneira física. Os datos para o que vai de ano 2022 son máis de 252.000 operacións. Por outra banda, desde o pasado xuño implantouse o pago de débedas mediante xiro postal. Todas estas medidas enmárcanse nas actuacións desenvoltas pola Axencia Tributaria de Galicia para reforzar e avanzar na información e simplificar a asistencia a todos os cidadáns.

Unha empregada traballa nunha oficina da Axencia Tributaria
Unha empregada traballa nunha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Marta Fernández Jara - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta