A provincia da Coruña recibirá máis de 436 millóns a través dun PGE "sociais", segundo a subdelegada do Goberno

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2022 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, cifrou en máis de 436 millóns de euros a contía que recibirá a provincia coruñesa a través dos Orzamentos Xerais do Estado de 2023. As contas "máis sociais da historia", indicou nunha comparecencia informativa para facer balance dun investimento que suporá 359 euros por habitante nesta provincia.

Destes orzamentos, expuxo que son tamén "un exercicio de solidariedade". "Pensando nos fogares e para protexer ás persoas, ademais de avanzar na modernización da provincia", dixo sobre as actuacións previstas.

Ademais, citou, entre outros exemplos, a revalorización das pensións que beneficiará a máis de 300.000 coruñeses e coruñesas ou os acordos de subida para o persoal funcionario, así como o bono social enerxético, do que se beneficiarán só na provincia, segundo indicou, máis de 31.000 persoas.

Na comparecencia e preguntada por infraestruturas pendentes como a ampliación de Alfonso Molina, na cidade herculina, manifestou que o Goberno traballa en proxectos pero co obxectivo de non só incluír partidas senón tamén proceder á "execución total". Como exemplo, citou o caso da ría do Burgo.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas / SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña / Europa Press
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas / SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta